miércoles, 9 de diciembre de 2009

Festas gastronómicas



Festas Gastronómicas da vila de Redondela son:

1) A Festa do Choco, se celebra no 1º ou 2º Fin de Semana do mes de maio.

Se celebra nestas datas porque é cando o choco está no seu mellor momento de degustación.


Con tal motivo se celebran distintas actividades festivo culturais.

A festa arranca con un pregón que se le dende o balcón do Concello por un persoeiro coñecido.

Durante o fin de semana que duran a Festa actuan bandas de música, poden haber xogos de deportes e xogos infantiles, entre outros.

O domingo de mañá, hai unha competición gastronómica de Redondela, na que todo o mundo pode participar, amas de casa, bares, restaurantes, da vila ou de fóra.

A carpa de competición se instala diante do Concello, onde o xurado, composto por persoas coñecidas da Vila, valoran os distintos pratos presentados, e ó final se reunen e deciden dar varios premios, os distintos pratos cociñados con o choco.

De aqui se deduce que o choco, pode cociñarse de moi distintas formas, dende as receitas tradicionais a receitas vanguardistas.


Hai catro modalidades de premios:
- Á mellor receita creativa.
- Chocos en su tinta
- Chocos con arroz.
- Empanada de chocos.

2) A Festa do Mexilón celebrase na 1ª ou 2ª semana se setembro, en Chapela.

3) A Festa da mazán celebrase no 1º domingo de outubro en San Esteban de Negros.

A mazán é unha fruta que pola súa textura e sabor, permite crear pratos doces, si se mistura con outros sabores mais salados como o bacallao dando lugar ó: "bacallao con mazán ó forno"
Tamén permite elaborar: "chourizos á sidra", "xamón con mazán", ou costeletas de porco abertas polo medio onde se introduce unha rabanada de mazán, e se fríen.

Nesta festa, ademais do concurso de postres feitos con mazáns, hai outras actividades festivo-culturais.


4) A Festa de la Orella de porco se celebra no 1º do mes de decembro, na parroquia de Cedeira.

Este ano 2009, prepararonse 3.000 racións aderezadas con aceite de oliva e pementón que se poideron degustar debaixo da carpa que se instalou para o efecto.

Como non podia ser de outro modo, ás 12 e media da mañá, un persoeiro famoso ensalzou a orella do porco como produto gastronómico por excelencia.

Non hai que olvidar, unha frase habitual, que se di, cando algo está moi sabroso,
"hum, ... está de orella!!.

Sobre as doce e media da mañá, pronunciouse o pregón da Festas.

martes, 8 de diciembre de 2009

O menú de Redondela



- Navallas, á plancha.

- Mexilóns, ó vapor.

- Polvo, á feira.

- Centola, da ría ("pejos").

- Vieras, con pan relado e un pouquiño de viño.

- Chocos, na súa tinta (nunha cacerola de barro).

- Empanada de chocos.

- Lubina, pescada na punta da praia de Cesantes, ó forno.

- Pastelón de nata y crema da Pastelería GARINA, na subida á Igrexa da Vila.

- Negritos, da Pastelería Almibar na rúa de medio.

- Galletas, das monxas do Convento de Trasmañó, indo para Vigo.

Bebidas, non poño,... porque non bebo alcohol.

Onde xa comín e me gustou



Teño que decilo:

- Como na casa de miña avóa non se come!".
- E para postres,... os da miña tía Carmen!. Qué ricas tartas!.

Pero como, isto se le en todo o "mundo mundial" si vindes a Redondela, os direi que onde comades, comeres ben!.

En Redondela, xa comin ben no:
- Diago de Cesantes, indo para o muelle. Precio medio de 9 euros
- Vila Rosa, en Cedeira. Dende aqui podemos observar unhas vistas de toda a illa de San Simón podes xantar moi ben por 30 euros
- Se queres comer ao lado da praia non dudes de ir ao Hostal Antolín que podes xantar tamén por 30 euros uns platos exquisitos.
- Pizería Pachani indo para Arcade, hai que pizas mais ricas... e por só 9 euros.
- E se queredes ter unhas vistas expetaculares e panorámicas de Vigo e Redondela tedes que ir ao Coto da Aguia subindo pola carreteira de Cedeira e por 25 euros disfrutas dunhas vistas expetaculares.

É para bocadillos de xamón asado,... o Bar Aifos, en Villavella. Qué ricos!.

Hai moitos mais bares, mesóns e restaurantes na vila, como restaurante Casa Paco, o mesón O Migas, ou o bar O PORRÓN, pero non vou a citar a todos porque a lista seria largisima.

Ah! como se nota que estamos no inverno. Esquenciame de citar os distintos mesóns/muiños de Reboreda, onde no Verán vou coa familia!.

O choqueiro e o centulo.




De onde ven que nos chamen Choqueiros?

A maioria da xente de Redondela e de fóra, creemos que o apodo que temos de CHOQUEIROS ven do feito de que na vila se pescaba e cociñaba bós chocos da ría.

Non negando este feito, ó ler na casa un libro titulado "CORPUS CHRISTI EN REDONDELA - Figuras, vestido e historia" escrito por, José Martínez Crespo, decateime que talvez non é asi porque di o seguinte na páxina 107:
"El CHOQUEIRO y el CENTULO son, en principio, dos diablillos, dos demonios que durante la fiesta del CORPUS andaban sueltos haciendo diabluras. Como figuras ridículas de carácter profano y religioso a la vez, que acostumbraban a aparecer procurando huir de la procesión (aunque a veces podrían ir detrás de ésta), su origen habría que buscarlo en parte en las piezas teatrales religiosas (...) Eran pues los diablos (...) que hacían toda clase de gestos, carantoñas y zalamerías para cazar a los humanos".

Dada a forte importancia que tivo a festa do Corpus / Coca, en Redondela, ata os anos de 1970, creo que nos quedou o de "Choqueiro" polos 2 feitos descritos arriba.
Hoxe en día podemos ver choqueiros ou cigarrons no entroido de Verín.

Aproveito para falarvos das penliñas que se celebran tamen no mesmo dia co CORPUS CHRISTI e estas penliñas son unhas nenas de 4 ou 5 anos escollidas que van a bailar dinate a da virxe as nenas vas enrriba da "burra" que é unha señora que as suxeita posto que van nos seus ombreiros delas. As penliñas levan uns traxes todos adornados e se vos fixades levan duas tiras que é por onde as mulleres van a agarrar a penla sempre bailan dúas xuntas mentres que unha saúda a virxe a outra ao público ou a danza de espadas botondo bicos e ao final botando pétalos vermellos.

Xan Carallás (buen comedor y bebedor)




No libro "CORPUS CHRISTI EN REDONDELA" de José Martínez Crespo, profesor de Historia en Santiago de Compostela, se fala da lenda de XAN CARALLAS, e que durante anos se reverenciou como unha figura pantagruelica do bó comer, do bó beber, en REDONDELA.

Así paso a citar o que di na páxina 129 do libro:

"(...)XAN CARALLÁS, un personaje popular que forma parte de las "leyendas" locales como UN RUDO Y GRUESO MARINERO, de piernas arqueadas, prototipo de buen comedor y bebedor.No es fácil averiguar el origen de esta personaje, que al parecer pudo tener una inscripción en el antiguo Ayuntamiento, pero lo cierto es que a finales del siglo XIX algunas personas ya señalaban a los redondelanos y a Redondela respectivamente como "hijos de Xan Carallás"(...). "En 1967, a instancias del entonces alcalde Pedro Otero , y de Amado González Cardama, cronista de la villa, se organizó por 1ª vez el desfile de carros del país adornados, que fueron ofrecidos por los vecinos de la parroquia de Vilar de Infesta, portando uno de ellos la efigie de Xan Carallás, y cargados con barriles para dispensar vino y rosquillas entre los espectadores".

Este alcalde e o cronista de vila foron uns adiantados á epoca, porque mais tarde nos anos 90 do século XX, se puxeron de moda as festas do comer e do beber como a do CHOCO, en Redondela vila, e as que se celebran nas parroquias, como a da castaña en novembro, na parroquia de San Martiño de Ventosela, a da sardiña no día de San Xoan e San Pedro en Cesantes, a da orella, etc.

Por último cito,

"El genial Castelao acetó y luego dibujó en 1930 la imagen más popular y conocida de Xan Carallás, representado sobre un pedestal con la leyenda,

AQUI FAS QUEN SEMPRE FAS, AQUÍ FAS QUEN SEMPRE VELA, AQUÍ FAS XAN CARALLÁS FUNDADOR DE REDONDELA".

viernes, 4 de diciembre de 2009

Redondela: "A vila dos viadutos".




Redondela é un pobo, da provincia de Pontevedra, na comunidade autonóma de GALICIA, en ESPAÑA, ten unha poboación de mais ou menos 30.036 habitantes, e é coñecida pola "Vila dos Viaductos" xa que ten dous viaductos que a cruzan. Un deles, situado preto do mercado de abastos, que aínda funciona,tamén chamado o viaducto de Pontevedra construído en 1881, e outro xa inhabilitado situado no barrio de Vilavella e chamado o Viaducto de Madrid. Vouvos contar unha anédota do mesmo. Foi construído en 1876, e unha vez finalizado, o Estado non lle quería pagar o coste da obra, porque decían que a ponte non aguantaría o paso do trens a Madrid. A raíz diso, Pedro Floriani intentou suicidarse tirandose da ponte abaixo.
O que son as cousas da vida, a ponte foi utilizada ata os anos setenta polos trens que facían o percorrido Vigo-Madrid.
A lonxitude da ponte é de 256 metros, e o material usado para os tramos metálicos foi o ferro forxado.
A estrucutra metálica da ponte, que suxeita as vías do ferrocarril, teñen a mesma estrucutra da Torre Eiffel de Paris, construída posteriormente, no ano 1887/88.

Durante anos, a nivel popular, se atribui erroneamente a construcción do Viaduto ó famoso enxeñeiro francés Eiffel, sendo obra da compañía gala, Fives-Lille, que trouxo o material dende Francia.

A ponte comenzou a usarse en 1881, unha vez acabada a línea férrea Vigo-Ourense. En 1912 foi reforzada para soportar un peso superior ás 2.000 toneladas.

Por último a imaxe da esquerda direivos que é o viaducto de Pontevedra e a foto da dereita o viaducto de Madrid