viernes, 4 de diciembre de 2009

Redondela: "A vila dos viadutos".




Redondela é un pobo, da provincia de Pontevedra, na comunidade autonóma de GALICIA, en ESPAÑA, ten unha poboación de mais ou menos 30.036 habitantes, e é coñecida pola "Vila dos Viaductos" xa que ten dous viaductos que a cruzan. Un deles, situado preto do mercado de abastos, que aínda funciona,tamén chamado o viaducto de Pontevedra construído en 1881, e outro xa inhabilitado situado no barrio de Vilavella e chamado o Viaducto de Madrid. Vouvos contar unha anédota do mesmo. Foi construído en 1876, e unha vez finalizado, o Estado non lle quería pagar o coste da obra, porque decían que a ponte non aguantaría o paso do trens a Madrid. A raíz diso, Pedro Floriani intentou suicidarse tirandose da ponte abaixo.
O que son as cousas da vida, a ponte foi utilizada ata os anos setenta polos trens que facían o percorrido Vigo-Madrid.
A lonxitude da ponte é de 256 metros, e o material usado para os tramos metálicos foi o ferro forxado.
A estrucutra metálica da ponte, que suxeita as vías do ferrocarril, teñen a mesma estrucutra da Torre Eiffel de Paris, construída posteriormente, no ano 1887/88.

Durante anos, a nivel popular, se atribui erroneamente a construcción do Viaduto ó famoso enxeñeiro francés Eiffel, sendo obra da compañía gala, Fives-Lille, que trouxo o material dende Francia.

A ponte comenzou a usarse en 1881, unha vez acabada a línea férrea Vigo-Ourense. En 1912 foi reforzada para soportar un peso superior ás 2.000 toneladas.

Por último a imaxe da esquerda direivos que é o viaducto de Pontevedra e a foto da dereita o viaducto de Madrid

No hay comentarios:

Publicar un comentario